Os nosos cursos
Unha forma aberta e imaxinativa de ver e entender o mundo
Saber máisOs bebés están preparados para aprender varios idiomas desde o nacemento. En Kids&Us, os máis pequenos experimentan cos seus sentidos e familiarízanse coa musicalidade do inglés a través de xogos e cancións. Viven este proceso acompañados de personaxes entrañables: os ratiños Mousy e Linda.
Inglés para bebés a partir de 1 ano
Obxectivo do curso: os bebés son amplamente receptivos a descubrir e expresarse sobre o mundo que os rodea. O obxectivo principal en cada sesión é desenvolver a capacidade dos bebés para aprender inglés de maneira natural e espontánea. Os xogos, as sorpresas e a interacción co profesorado e o adulto de referencia son os auténticos protagonistas deste curso.
Duración da clase: 45 minutos, unha vez á semana.
Grupos reducidos: cada clase ten un máximo de 5 bebés, acompañados dun adulto cada un.
O papel da familia: cando a familia participa activamente nas actividades que facemos na clase, establécese unha conexión emocional cos bebés. Este vínculo estimula a aprendizaxe.
Inglés para bebés a partir de 2 anos
Obxectivo do curso: Os bebés de 2 anos descobren que todo o que os rodea tamén ten un nome en inglés: partes do corpo, cores, formas... Comezan a xuntar palabras para formar frases sinxelas e aprenden cancións en inglés. A través de actividades que potencian a súa fantasía, a súa pronuncia é moito máis natural dende o principio.
Duración da clase: 45 minutos, unha vez á semana.
Grupos reducidos: cada clase ten un máximo de 5 bebés, acompañados dun adulto cada un.
O papel da familia: a metade do curso os nenos de 2 anos comezan a adquirir autonomía e chegan á clase sen acompañantes. Aínda así, é importante manter a súa motivación activa na casa.