Cursos adaptados ás vivencias de cada idade

Cursos de inglés para nenos e nenas

As historias e os personaxes que acompañan aos nosos nenos e nenas ao longo dos cursos de inglés reflicten situacións próximas á súa realidade e adaptadas á súa madurez. Este paralelismo permítelles aprender un inglés útil e aplicable ás súas mesmas experiencias, gustos e hábitos.

Babies

Cursos de inglés para bebés de 1 a 2 años

Os bebés están preparados para aprender unha lingua desde o momento no que nacen. En Kids&Us aproveitamos esta oportunidade e motivamos a súa aprendizaxe do inglés a través dos sentidos.
 

Kids

Cursos de inglés para nenos a partir de 3 anos

Na etapa Kids, o xogo e a interacción co grupo convértense nos principais aceleradores da aprendizaxe. A través de cancións, lecturas e actividades dinámicas adaptámonos aos intereses e motivacións dos máis pequenos.

Tweens

Cursos de inglés para preadolescentes a partir de 9 anos

En Kids&Us animamos os nenos e nenas a falar do mundo que os rodea e da persoa na que se están convertendo. Así, o inglés acompáñaos no seu desenvolvemento persoal. A boa base oral adquirida en cursos anteriores permítenos consolidar a lectoescritura.

Teens

Cursos de inglés para adolescentes a partir de 13 anos

Os nosos adolescentes xa son capaces de comunicarse en inglés cunha amplitude de matices que lles da fluidez e espontaneidade. En Kids&Us fomentamos o pensamento crítico e preparamos os mozos para afrontar o futuro con maior confianza.

Tamén che pode interesar

Os nosos cursos

Unha forma aberta e imaxinativa de ver e entender o mundo

Saber máis

Actividades Kids&Us

Un Universo de 360º de posibilidades en inglés

Saber máis

Ónde estamos?

Atopa a túa academia máis próxima

Saber máis