Campamento urbano en inglés

Cal é o obxectivo do Summer Fun?

Cada semana, os nenos e nenas mergúllanse nunha nova aventura. A través de distintas actividades, fan unha inmersión en inglés co fin de mellorar a súa comprensión global. Grazas a historias que viven en primeira persoa e en inglés, consolidan e interiorizan novas estruturas e vocabulario.

Poñer en práctica os seus coñecementos nun contexto lúdico é garantía de aprendizaxe e diversión asegurada.

En que consisten estes campamentos?

Estes campamentos urbanos de verán en inglés para nenos e nenas lévase a cabo en instalacións externas aos centros Kids&Us, xa sexan colexios ou centros deportivos, en horario de mañá e tarde. Cada semana realizamos as seguintes actividades:

Storytime
Contos desenvolvidos polo noso Departamento de Método, adaptados ao rango de idade e á temática de cada semana.
Crafts
Realizaremos manualidades relacionadas coa temática semanal (máscaras, disfraces, figuras de animais... e moitas máis!).
Songs
Cancións de composición propia que xiran en torno á temática, pensadas para cantar e tamén bailar!
Staff Performance
Os nosos monitores/as suben ao escenario. Disfrázanse e actúan fronte aos nenos e nenas, que exercen moi ben o seu papel de fans.
Structured Play
Xogos e actividades de psicomotricidade pensados para cohesionar o grupo.
Free Play
Momento de xogo libre para que os nenos e nenas poñan en marcha a súa imaxinación e se relacionen entre eles.
Lunchtime
A hora da comida é unha boa ocasión para que os nenos e nenas aprendan vocabulario e expresións relacionadas con esta actividade.
Day Trips
Facemos escapadas semanais!
E os venres... Party Time!
Ao finalizar a semana temática, abriremos as portas ás familias para que veñan ver todo o que os seus fillos e fillas aprenderon durante os campamentos urbanos de Kids&Us.

Información básica dos campamentos urbanos en inglés

  • Idades: o campamento vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
  • División dos grupos: máximo de 10 nenos por grupo e profesor/a. Separados por franxas de idade (3-4 anos, 5-6 anos, 7-9 anos e 10-12 anos).
  • Calendario: períodos vacacionais de verán.
  • Duración da actividade: polo xeral, de 9:00 a 17:00. Consúltese con cada centro. 
  • En cada Summer Fun dispoñemos dun/ha coordinador/a de campamento.

 

Para máis información: www.kidsandussummerfun.com

 

Esta é a diversión do verán!

Nueva llamada a la acción

Máis campamentos de vacacións

English&Fun

Xornadas deportivas en inglés para nenos e nenas de 3 a 10 anos.

Fun Day

Xornada lúdica en inglés para nenos e nenas de 3 a 10 anos

Seguro que che interesa

Os nosos cursos

Unha forma aberta e imaxinativa de ver e comprender o mundo

Saber máis

O noso método

Coñece o método que revolucionou o ensino do inglés.

Saber máis

Onde estamos?

Atopa o teu centro máis próximo!

Saber máis