Os nosos cursos
Unha forma aberta e imaxinativa de ver e entender o mundo
Saber máisOs campamentos de verán de Kids&Us son unha oportunidade fantástica para facer chegar o inglés máis aló das aulas. Nunha contorna en medio da natureza, o noso alumnado gozará dunha semana de inmersión lingüística na que non só aprenderá inglés, senón que tamén coñecerá culturas do mundo, medrará persoalmente e fará novas amizades.
Quen pode vir aos Cool Off Camps?
Os campamentos están pensados para nenos e nenas de 7 a 13 anos. Exclusivo para estudantes de Kids&Us.
Canto tempo duran?
Duran 7 días e 6 noites, de domingo a sábado.
Como son os espazos?
As casas Cool Off están situadas no medio da natureza. Contan con completas instalacións e espazos lúdicos abertos, ideais para xogar e facer deporte.
Como son os grupos?
Facemos pequenos grupos de 10 nenos e nenas da mesma franxa de idade.
Os monitores falan inglés?
O noso equipo de monitores usa só o inglés como lingua vehicular para comunicarse as 24 horas do día. Todos teñen un nivel equivalente a Proficiency.
Formaranse por idade e nivel de inglés dos participantes, considerando tamén a posibilidade de que poidan estar xunto a amigos ou amigas sempre que sexa posible.
O noso equipo de monitores comunícase exclusivamente en inglés, o cal crea un ambiente inmersivo para os nenos e nenas. Non obstante, contamos cunha persoa de referencia, o/a director/a, quen, ademais de inglés, fala castelán e catalán ou éuscara e que pode actuar como intermediario/a en situacións que o requiran.
Nestes casos, acompañaremos ao participante ao médico e porémonos en contacto coa súa familia para que estea informada da situación.