Abre a túa academia de inglés

Moito máis que unha academia de inglés

En Kids&Us entendemos que o inglés derriba barreiras e querémoste no noso equipo para sumar forzas. Kids&Us é un modelo de negocio de éxito, cunha traxectoria consolidada que empeza en 2003 e que xa suma 180.000 alumnos en máis de 600 centros en 10 países.

526 franquías
10 países
36% de multifranquiados

Ao servizo do franquiado

Estamos ao teu lado en todo momento, centrados no éxito do teu proxecto. O noso modelo de negocio de franquía baséase na calidade e innovación constantes, o que nos consolida como líderes do mercado. Detrás de todo iso hai un equipo de máis de 130 profesionais altamente cualificados que ofrecen un servizo de primeiro nivel a toda a nosa rede de centros.

O noso know-how

Compartimos o coñecemento dos nosos máis de 18 anos de experiencia coa rede de franquías. Grazas á constante revisión e actualización dos cursos e materiais por parte do equipo pedagóxico, o 90% dos alumnos continúan ininterrompidamente connosco. A satisfacción das familias é o noso mellor aval: puntúannos cun 8,7 sobre 10.

Apoio e atención personalizada

Formamos de maneira continua os centros en diferentes ámbitos para transmitir as mellores prácticas do negocio e as últimas novidades do método Kids&Us.Ofrecemos asesoramento individualizado e un seguimento constante a todos os franquiados. No caso das novas aperturas, facemos un seguimento exhaustivo durante o primeiro ano.

Marca potente

Desde a Central de Kids&Us investimos constantemente en accións de comunicación, captación e fidelización. Ademais, beneficiaraste das campañas de publicidade anuais enfocadas a incrementar a notoriedade da marca.

Proxecto innovador

Kids&Us é un proxecto líder de investimento seguro, rendible e perdurable no tempo, dentro dun sector estable e resistente ás crises económicas, onde o teu negocio terá un alto potencial de crecemento. Así o reflicte o feito de que o 36% dos franquiados dispoñan xa de 2 ou máis centros Kids&Us.

 

Buscámoste a ti

En Kids&Us realizamos unha selección exhaustiva dos nosos franquiados porque recoñecemos o potencial de cada persoa. Se te consideras un emprendedor, tes capacidade de investimento e orientación empresarial, este é o teu sitio!

Paixón polos nenos
e polo mundo da educación
Alto compromiso coa marca
para o correcto desenvolvemento da unidade franquiada
Capacidade de investimento
durante todo o curso co obxectivo de revisar necesidades e analizar resultados
Orientación e proactividade empresarial
no labor comercial
Cultura do cumprimento
de todos os procesos e operacións que se establecen desde Central

Como unirse a Kids&Us?

Coñece Kids&Us e únete ao noso proxecto
Laura López, franquiada de Kids&Us Ribadeo
Fabián Mohino, Multifranquiado de Kids&Us en Madrid

Contestaremos todas as túas preguntas con moito gusto.

Que significa ser franquiado de Kids&Us?

Xestionarás a túa propia academia de inglés co apoio do teu coordinador de Central e aplicarás todos os procedementos establecidos pola marca, así como a correcta implementación do método nas clases. Tamén hai unha importante labor comercial para chegar ao equilibrio económico do teu negocio.

Por que é interesante converterse en franquiado de Kids&Us?

Formarás parte dunha gran compañía, cun know-how acumulado durante máis de 18 anos de experiencia, e que conta cunha ampla rede de centros que pasaron polo mesmo proceso de apertura ca ti. Ademais, Kids&Us proporciónache toda a formación, manuais e protocolos para que o teu negocio sexa un éxito.

Que busca Kids&Us nun aspirante a franquiado?

Buscamos persoas intrépidas e apaixonadas polo mundo educativo. Se te consideras un emprendedor, tes capacidade de inversión e orientación empresarial, este é o teu sitio!

Que resultado económico podo esperar?

Os resultados económicos dependerán das túas habilidades, recursos, proactividade comercial e dedicación. Porén, xogas coa vantaxe de contar cunha marca líder no sector, un modelo de negocio probado e un amplo equipo de profesionais ao teu servizo.  

Quen me apoia nos primeiros meses da miña apertura?

Temos un Departamento de Aperturas dedicado en exclusiva a axudar a poñer en funcionamento os novos centros e a conseguir os resultados estipulados no plan de negocio. 

Que tipo de locais son os ideais para un centro Kids&Us?

Os centros Kids&Us están en locais de fácil acceso, en zonas con moita poboación infantil.

O territorio proposto para a miña franquía é exclusivamente meu?

Tal e como queda reflectido no contrato de franquía, o territorio asignado é exclusivo, de modo que ninguén máis baixo a marca Kids&Us pode establecerse nesa zona.

Seguro que che interesa

Os nosos cursos

Unha forma aberta e imaxinativa de ver e entender o mundo

Saber máis

Noso método

O mellor método para que os nenos aprendan inglés.

Saber máis

Ónde estamos?

Atopa a túa academia máis próxima

Saber máis